Aviso legal

DATOS IDENTIFICATIVOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA
CIF Q-6550005-J

Rúa da Maestranza 9, 15001 A Coruña
Pode contactar connosco a través do correo electrónico portalinvestigacion.biblioteca@udc.gal

FINS DO PORTAL

O Portal da Investigación da Universidade da Coruña, administrado pola Biblioteca Universitaria, reúne a produción científica da institución co obxectivo de mellorar a visibilidade e a transparencia da actividade investigadora e de ofrecer ferramentas para a súa análise. Facilita a exploración da estrutura universitaria, a localización de persoas expertas en diversas disciplinas, o acceso ás súas publicacións e a consulta de indicadores bibliométricos a nivel individual, colectivo e institucional.

Ao accederes ao Portal da Investigación da Universidade da Coruña, aceptas as condicións de uso que se recollen a seguir.

ACCESO

O acceso aos contidos desta web farase de acordo coa política que estableza a entidade.

A Universidade da Coruña (UDC) poderá modificar, en calquera momento e sen aviso previo, a información incluída no sitio, amais de desactivar e/ou cancelar calquera dos contidos e servizos que o integran. Así mesmo, resérvase o dereito a actualizar estas condicións de uso.

O acceso ao sitio web é gratuíto. A persoa usuaria comprométese a facer un uso axeitado, conforme a lei, dos contidos e servizos ofertados. Se unha persoa usuaria incumpre as advertencias legais e condicións de uso que aquí se especifican, a UDC resérvase o dereito a bloquear o seu acceso e a emprender as accións legais oportunas en defensa dos seus dereitos.

O acceso ao sitio web e o seu uso implican que a persoa usuaria acepta na súa totalidade e se obriga a cumprir por completo os termos e condicións detallados neste aviso legal.

Como usuaria, calquera persoa que acceda a este sitio debe cumprir as seguintes obrigas:

  • Usar o Portal da Investigación da Universidade da Coruña de maneira dilixente e correcta, asumindo tamén calquera responsabilidade que se puidese derivar dun mal uso. Por iso, non se poderá empregar o Portal da Investigación da Universidade da Coruña para realizar actividades contrarias á lei, a moral, os bos costumes aceptados ou a orde pública establecida e con fins ou efectos ilícitos, prohibidos ou lesivos de dereitos e intereses de terceiras partes.
  • A información que se introduza para os efectos de identificación deberá ser veraz e estar actualizada. É responsabilidade exclusiva da persoa usuaria cumprir esta obriga. Tamén é responsabilidade exclusiva da persoa usuaria a información que introduza para identificarse.
  • Queda prohibido acosar, insultar, menosprezar ou fustrigar dalgún modo a calquera outra terceira persoa, alén de recoller ou almacenar información persoal doutras persoas usuarias do Portal da Investigación da Universidade da Coruña sen cumprir a lexislación vixente en materia de protección de datos.
  • Queda prohibida a venda dos contidos do Portal da Investigación da Universidade da Coruña, así como calquera uso contrario a estas condicións e políticas de uso.

PROPIEDADE INTELECTUAL

A UDC é a propietaria e/a licenciataria de toda a información contida neste portal, o seu deseño gráfico, imaxes, bases de datos, índices, códigos fonte, marcas e logotipos, que están protexidos conforme o disposto na Lei de propiedade intelectual e na Lei de marcas. A súa posta á disposición e uso do público non supón, en ningún caso, a cesión da súa titularidade ou a concesión dun dereito de uso a favor da persoa usuaria.

Calquera reprodución, copia, distribución total ou parcial ou comercialización requirirá a autorización previa e por escrito da UDC. A entidade resérvase, en caso de uso indebido do sitio web, o dereito a exercitar cantas accións legais foren precisas para a restitución dos danos e as perdas causados. De igual maneira, a persoa usuaria obrígase a indemnizar a entidade por calquera dano ou perda que puidese ocasionar con motivo do uso desta web, ao infrinxir estas condicións xerais e/ou a legalidade vixente.

POLÍTICA DE RASTROS (COOKIES)

En ocasións é posible que utilicemos una tecnoloxía chamada «rastros» (cookies) co fin de fornecer unha serie de contidos e/ou servizos de maneira personalizada. Un rastro é un pequeno elemento de datos que un sitio web pode enviar ao navegador da persoa usuaria. O devandito elemento pode almacenarse no disco duro do ordenador da persoa usuaria, de xeito que sexa recoñecida cando regrese ao Portal da Investigación da Universidade da Coruña.

En calquera caso, sempre existe a posibilidade de especificar, nas preferencias do navegador, que se desexa recibir un aviso antes de aceptar calquera rastro.

Os datos que serán almacenados en cada rastro son os seguintes: idioma, data e hora da última vez que a persoa usuaria visitou o noso sitio web, deseño dos contidos que escolleu na súa primeira visita e elementos de seguridade que interveñen no control de acceso ás áreas restrinxidas.

Neste sitio empréganse os seguintes tipos de rastros:

Rastros propios: son aqueles que se envían ao terminal da persoa usuaria desde un equipo ou dominio xestionado por quen edita e desde o que se presta o servizo que a usuaria solicita.

Rastros de terceiras partes: son aqueles que se envían ao terminal da persoa usuaria desde un equipo ou dominio que non é xestionado por quen edita, senón por outra entidade que trata os datos obtidos través dos rastros.

Rastros técnicos: son aqueles que lle permiten á persoa usuaria navegar nunha páxina web, plataforma ou aplicación e usar as diferentes opcións ou servizos que nela existan, incluídos os que quen edita utiliza para permitir a xestión e operativa da web e habilitar as súas funcións e servizos.

Rastros analíticos: son aqueles que lle permiten a quen é responsable deles o seguimento e a análise do comportamento das persoas usuarias dos sitios web a que están vinculadas, o que inclúe a cuantificación dos impactos dos anuncios. A información recollida mediante este tipo de rastros emprégase na medición da actividade dos sitios web, aplicacións ou plataformas co fin de introducir melloras en función da análise dos datos do uso que fan as persoas usuarias do servizo.

Qué finalidades teñen?

Os rastros serven para moitas finalidades, desde recoller os hábitos de navegación das usuarias a personalizar a forma en que os sitios web mostran os seus contidos (o idioma, por exemplo).

A continuación describimos os rastros usados, a finalidade, de quen son propiedade e o tempo de almacenamento no ordenador das usuarias.

Nome do rastro Tipo de rastro Finalidade Entidade encargada Tempo activo
_ga Analítico Este rastro instálao Google Analytics. Utilízase para calcular os datos de visitantes, sesións e campañas con vistas a realizar un seguimento do uso do sitio web para o correspondente informe analítico. Almacena información de forma anónima e asigna un número xerado aleatoriamente para identificar visitantes únicas. Google 2 anos desde o inicio da sesión
_gat Analítico Google Universal Analytics instala este rastro para reducir a velocidade de solicitude e limitar a recompilación de datos en sitios cun alto tráfico. Google 1 minuto
_gid Analítico Instálao Google Analytics para recoller información sobre como as visitantes usan o sitio web, coa finalidade de crear un informe analítico de como está funcionando tal sitio. Os datos recompilados, que inclúen o número de visitantes, a fonte de orixe e as páxinas, son anónimos. Google 24 horas
utma Analítico Google Analytics emprega este rastro para distinguir persoas usuarias e sesións. Créase cando se executa JavaScript e non se usa o rastro _utma. Actualízase cada vez que se envían datos a Google Analytics. Google 2 anos desde inicio da sesión
cookie-agreed Técnico Recolle a aceptación dos rastros por parte da persoa usuaria. Propio 99 días
cookie-agreed-categories Técnico Recolle as categorías de rastros seleccionadas pola persoa usuaria. Propio 99 días

Os datos que serán almacenados en cada rastro son os seguintes: idioma, data e hora da última vez que a persoa usuaria visitou o noso sitio web, deseño dos contidos que escolleu na súa primeira visita e elementos de seguridade que interveñen no control de acceso ás áreas restrinxidas.

¿Podo desactivalos?

Pode e mesmo configurar o navegador para rexeitar que se almacenen na computadora.

PROTECCIÓN DE DATOS

En virtude do artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos (RXPD), e do artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPD), informámoste de que os datos persoais recollidos serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade da Coruña (UDC), cuxos datos de contacto son os seguintes: rúa da Maestranza 9, 15001 A Coruña, teléfono 981 167 000, correo electrónico secretaria.xeral@udc.gal.

Os datos facilitados á UDC pola persoa interesada serán tratados coa finalidade específica para a que foron solicitados. O devandito tratamento lexitímase nalgunha das bases previstas no artigo 6 do RXPD. Todas as persoas que entren en contacto con estes datos coa citada finalidade cumprirán co deber de confidencialidade establecido no artigo 5 da LOPD.

Os datos serán tratados durante o tempo imprescindible para cumprir coa citada finalidade e conservaranse de acordo cos prazos e criterios establecidos para cada caso concreto de acordo coa lexislación vixente. Os datos non se transmitirán a terceiras partes salvo que exista o consentimento previo da persoa interesada ou base legal para tal transmisión.

En calquera caso, a persoa interesada terá dereito a solicitar á responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, a rectificación ou a supresión dos seus datos persoais e a limitación do tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse ao citado tratamento, así como a solicitar, salvo nos casos de interese público e/ou exercicio do poder público, a portabilidade dos seus datos. De igual xeito, terá dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís.

Tales dereitos poderán ser exercitados de calquera das seguintes formas:

  • Destacadamente, a través do formulario para o exercicio dos dereitos en materia de protección de datos de carácter persoal que pode cubrir nesta mesma sede electrónica, no apartado Outros trámites.
  • Mediante solicitude dirixida á responsable do tratamento (UDC, Secretaría Xeral), enviada ao seguinte enderezo: Secretaría Xeral, Reitoría da Universidade da Coruña, rúa da Maestranza 9, 15001 A Coruña; ou ao correo electrónico rpd@udc.gal. Esta solicitude tamén poderá presentarse a través do rexistro electrónico desta sede ou nos rexistros presenciais da UDC.
  • Mediante solicitude dirixida á persoa que sexa a delegada de Protección de Datos da UDC, enviada ao mesmo enderezo postal indicado anteriormente; ou ao correo electrónico dpd@udc.gal. Esta solicitude tamén poderá presentarse a través do rexistro electrónico desta sede ou nos rexistros presenciais da UDC.

Igualmente, as persoas interesadas terán dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

XURISDICIÓN

Calquera litixio e controversia que xurda entre a UDC e unha persoa usuaria sobre a interpretación ou aplicación destas condicións, ou, en xeral, sobre a utilización dos servizos deste sitio web, regularase de conformidade coa lexislación española.