Departamento: Ciencias da Saúde

Centro: Facultade de Ciencias da Saúde

Área: Enfermaría

Grupo de investigación: Unidade de Investigación en Integración e Promoción da Saúde

Correo el.: miguel.angel.talavera.valverde@udc.es

Web persoal: https://portalcientifico.sergas.gal/investigadores/324247...

Doutor pola Universidade da Coruña coa tese Estudio del razonamiento clínico en estudiantes de terapia ocupacional 2015. Dirixida por Dr. Sergio Santos-del-Riego, Dr/a. Pedro Moruno Miralles.

Doutor en Ciencias da Saúde pola Universidade da Coruña. Máster Universitario en Investigación, Organización e Avaliación dos Servizos Sociosanitarios pola Universidade da Coruña. Máster Universitario en Ciencias da Saúde en Asistencia e Investigación Sanitaria pola Universidade da Coruña. Profesor do Departamento de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña [UDC]. Integrante da Unidade de Investigación en Integración e Promoción da Saúde [INTEGRA Saúde]. Terapeuta Ocupacional do Servizo Galego de Saúde. Director de TOG [A Coruña] [https://www.revistatog.es/]. Autor e coautor en revistas JCR e outros índices de impacto. Autor e coautor de libros e capítulos, ademais de traballar como compilador, editor e coordinador para editoriais de recoñecido prestixio nacionais e internacionais. Membro e coordinador de grupos e comisións de traballo profesionais [vinculados ao Servizo Galego de Saúde], colexiais e universitarias a nivel nacional e internacional. Ten no seu haber premios de investigación. Colexiado de Honra polo Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Navarra [COTONA_NALTE].