Departamento: Ciencias da Saúde

Centro: Facultade de Ciencias da Saúde

Centro de Investigación e Campus de Especialización: CITIC - Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación

Área: Enfermaría

Grupo de investigación: Tecnoloxía Aplicada á Investigación en Ocupación, Igualdade e Saúde

Correo el.: thais.pousada.garcia@udc.es

Web persoal: https://view.genial.ly/5e7d3d20006df70d7703b235/personal-...

Doutora pola Universidade da Coruña coa tese Impacto psicosocial de la silla de ruedas en la vida de las personas afectadas por una enfermedad neuromuscular 2011. Dirixida por Dr. Javier Pereira-Loureiro, Dr/a. Emiliano Díez Villoria.

Doutora en ciencias da saúde, terapeuta ocupacional e enfermeira. Profesora do Departamento de Ciencias da Saúde, da Universidade da Coruña (UDC). Membro do grupo de investigación TALIONIS (https://talionis.citic.udc.es/) e do Centro de Investigación nas TIC (CITIC). É colaboradora con diferentes organizacións sen ánimo de lucro, entre as que destacan a Federación ASEM e a Federación Española de Enfermidades Raras. As súas liñas de investigación están relacionadas coa tecnoloxía e produtos de apoio, especialmente co deseño de solucións en 3D e aplicación de realidade virtual.