Departamento: Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas

Centro: Facultade de Ciencias da Saúde

Centro de Investigación e Campus de Especialización: CITIC - Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación

Área: Radioloxía e Medicina Física

Grupo de investigación: Tecnoloxía Aplicada á Investigación en Ocupación, Igualdade e Saúde

Correo: javier.pereira@udc.es

Web persoal: https://talionis.citic.udc.es/

Doutor pola Universidade da Coruña coa tese Nuevo enfoque en el desarrollo de un sistema de información de imágenes médicas una herramienta de apoyo a la toma de decisión clínica 2004. Dirixida por Dr. A. Pazos, Dr. Bernardino Arcay.

Subdirector do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña desde abril de 2018. Coordinador do Máster Universitario de Bioinformática para Ciencias da Saúde desde xuño de 2017 ata 2022. Profesor Titular de Universidade do área de Radioloxía e Medicina Física. Doctor en Informática. Docencia e investigación no ámbito da informática médica e a tecnoloxía aplicada á discapacidade. Catro sexenios (3 de investigación e 1 de transferencia), catro quinquenios de docencia e tres DOCENTIA (tramo de avaliación da actividade docente por organismos externos). Director da Cátedra de empresa Handytronic Grupo Telecon-UDC desde novembro de 2017. Secretario da Asociación de Profesores Universitarios de Radioloxía e Medicina Física (APURF) de 2007 a 2016. Secretario do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña desde maio de 2013 a marzo de 2017. Secretario do Programa de Doutoramento en Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña (RD99/2011) desde 2013 a 2017. Investigador Principal de proxectos de investigación nacionais e autonómicos así como de numerosos contratos e convenios con empresas. Autor de máis de 40 artigos en revistas de impacto JCR. O traballo de investigación centrouse en tres liñas de investigación principais: (1) Imaxe médica, telemedicina e telerradioloxía na que desenvolvin a tese doutoral. Desenvolvemento de sistemas de almacenamento de imaxe médica e procesamento. (2) Produtos de apoio para que as persoas con discapacidade poidan acceder ás tecnoloxías da información e as comunicacións, incluíndo desenvolvemento de contidos de intervención para rehabilitación, adaptación do entorno e recuperación funcional. (3) Informática médica co desenvolvemento de aplicacións específicas no entorno clínico-asistencial, especialmente no ámbito da xestión intelixente de datos procedentes de unidades de coidados críticos.