Marta María
García Pérez
Catedrática de Universidade
Department: Public Law
Centre: Faculty of Law
Area: Administrative Law
Email: marta.garcia.perez@udc.es
Doctor by the Universidade da Coruña with the thesis La utilización del dominio público marítimo-terrestre estudio especial de la concesión demanial 1993. Supervised by Dr. José Luis Meilán Gil.
MARTA GARCÍA PÉREZ é doutora en Dereito pola Universidade da Coruña. Defendeu a súa tese doutoral en 1993, sobre “A utilización do dominio público marítimo-terrestre. Estudo especial da concesión demanial”, obtendo a máxima cualificación e o premio extraordinario de doutoramento da devandita Universidade. É catedrática de Dereito Administrativo na Universidade da Coruña. Dirixiu cinco teses doutorais, xa defendidas (2013, 2013, 2016, 2017 e 2021), e nestes momentos dirixe outras catro, no marco do programa internacional de doutoramento en Dereito Administrativo Iberoamericano, impartido por once universidades do ámbito latinoamericano, e no doutoramento en Dereito. Actuou como Maxistrada Suplente na Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (2011-2013; 2014-2015), actuando como relatora en máis dun centenar de sentenzas. Ocupou o posto de Directora da Asesoría Xurídica do Concello da Coruña (2015/2019). No devandito posto foi nomeada para realizar as seguintes funcións ou desempeñar os seguintes postos: vogal da Mesa de Contratación do Concello da Coruña; vogal da Mesa de Contratación do IMCE, A Coruña; representante do Concello da Coruña na “Comisión de colaboración Estado-Corporacións Locais”; representante do Concello da Coruña na “Comisión para a mellora da regulación” e representante do Concello da Coruña na mediación sobre o antigo edificio de Fenosa. Entre os seus campos de especialización, destacan tres de especial interese: en primeiro lugar, o Dereito Público ante a discapacidade; en segundo lugar, o estudo da xustiza administrativa e contencioso-administrativa e, ante as súas carencias, dos remedios alternativos de resolución de conflitos, especialmente a arbitraxe e a mediación; en tercer lugar, o rexime xurídico do litoral. No ámbito do Dereito Público ante a discapacidade, dirixiu o Observatorio de Políticas Públicas en Materia de Discapacidade, Atención á Diversidade e Igualdade de Oportunidades na Universidade da Coruña, no marco da execución dun Proxecto de investigación patrocinado polo Consello Social da devandita universidade (Proxecto CE10, http://www.ce10udc.com/), que se ocupou con especial intensidade das oportunidades que ofrece a contratación pública na consecución dunha sociedade inclusiva. Ao segundo campo de especialización corresponden as súas monografías Arbitraxe e Dereito Administrativo (2011, pp. 1-190, Editorial Thomson Reuters, ISBN: 978-84-9903-868-1) e Norma e acto administrativos (2018, pp. 1-360, Editorial Iustel, ISBN: 978-84-9890-342-3, en coautoría con J.L. MEILÁN GIL); así como diversos capítulos de varias obras colectivas e artigos de revista. Sobre o litoral, ademáis de dous libros e numerosos artigos e capítulos de libro, integrou o equipo de redacción da Lei 4/2023, de 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia.