Enrique
Fernández Blanco
Profesor Titular de Universidade
Departamento: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Centro: Facultade de Informática
Centro de Investigación e Campus de Especialización: CITIC - Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación
Área: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
Grupo de investigación: Redes de Neuronas Artificiais e Sistemas Adaptativos -Informática Médica e Diagnóstico Radiolóxico
Correo: enrique.fernandez@udc.es
Web persoal: https://github.com/ennanco
Doutor pola Universidade da Coruña coa tese Modelado de un sistema celular artificial para generación de formas y procesado de información 2010. Dirixida por Dr. Julián Dorado, Dr. Cristian-Robert Munteanu.
Enxeñeiro e doutor en Informática con especialización en Intelixencia Artificial pola Universidade da Coruña desde 2005 e 2010, respectivamente, construíu unha destacada traxectoria ao longo da súa carreira durante a cal participou en numerosos proxectos de investigación e gozou de bolsas de entidades tanto públicas como privadas. Dende 2008, desempeñou diversas funcións docentes, incluíndo docente predoctoral (2008-2009), profesor asociado (2010-2012, 2013-2015), Axudante Doutor (2015-2020), Profesor Contratado Doutor (2020-2021) e Profesor Titular de Universidade (2021-). Destacar que durante o período de 2010 a 2015, combinou estas posicións con actividades privadas en diferentes proxectos de investigación en diversas institucións. A partir do 16 de marzo de 2023, ademais asume o papel de coordinador do Máster en Enxeñaría Informática (MUEI) na Universidade da Coruña, consolidando o seu compromiso coa educación e a dirección de programas académicos. O seu currículo reflicte un sólido enfoque na Intelixencia Artificial Aplicada e na Computación Evolutiva, con máis de 43 comunicacións en diversas revistas, sendo 31 delas indexadas no JCR e 18 no primeiro cuartil. Este investigador deixou unha pegada significativa con máis de 1000 citas e un h-index de 17 nos últimos 5 anos. Ademais, realizou estadías de investigación en grupos moi prestixiosos, como a Universidade de York (Julian H. Miller, 2008), a Universidade de Aveiro (Jose Luis Oliveira, 2010), a Università degli Studi di Parma (Stefano Cagnoni, 2011) e a Universidade de Granada (Óscar Cordón, 2017), ampliando a súa experiencia e colaboracións. Destaca tamén o seu compromiso coa transferencia de coñecementos que se traducen en diversos rexistros de software, patentes e proxectos de investigación. Recoñecido con dous sexenios de investigación pola ANECA, este investigador ten unha destacada traxectoria na ensinanza, con dous quinquenio de docencia de calidade recoñecido que abarca desde 2008 ata 2023. Supervisou con éxito 26 proxectos de fin de grao, 9 proxectos de fin de mestrado e tres teses doutorais, mentres guía actualmente outras catro teses doutorais en diferentes etapas de desenvolvemento. Ademais, participa activamente como revisor en diversas revistas JCR e conferencias de alto nivel, como Biomedical Signal Processing and Control, Soft Computing, IEEE Journal of Biomedical and Health Informatics, Artificial Intelligence in Medicine, Neurocomputing, entre outras. Membro do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, específicamente como parte do grupo de investigación RNASA-IMEDIR, está afiliado ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicación (CITIC-UDC) e ao Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC). Desde 2005, aboga pola defensa da profesión de Enxeñeiría en Informática como membro do Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia.