Miguel Ángel
Alonso Pardo
Profesor Titular de Universidade
Departamento: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Centro: Facultade de Informática
Área: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
Grupo de investigación: Lingua e Sociedade da Información
Correo: miguel.alonso@udc.es
Web persoal: https://www.grupolys.org/~alonso/
Doutor pola Universidade da Coruña coa tese Interpretación tabular de autómatas para lenguajes de adjunción de árboles 2000. Dirixida por Dr/a. Manuel Vilares Ferro, Dr/a. Eric Villemonte de la Clercerie.
Miguel A. Alonso é Licenciado en Informática (1993) e Doutor en Informática (2000) pola Universidade da Coruña (UDC). Comenzou a súa carreira investigadora como becario no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH). Tras un ano como investigador predoutoral no INRIA Rocquencourt (París, Francia), retorna á UDC como becario predoutoral en 1997, universidade na que exerce como Profesor Titular de Universidade desde 2003. A súa investigación céntrase no ámbito da Lingüística Computacional (LC), con especial énfase en análise sintáctica e na aplicación das tecnoloxías da lingua a tarefas de Recuperación de Información (RI) e Minaría de Texto multilingüe. Dirixiu 5 proxectos nacionais (TIN2017-85160-C2-1, FFI2014-51978-C2-2-R, TIN2010-18552-C03-02, HUM2007-66607-C04-03, TIN2004-07246-C03-02) nos que se desenvolveron técnicas, modelos, recursos e ferramentas para o procesamiento sintáctico e semántico de contido multilingüe, con especial énfase en análise de textos de redes sociais e contidos web xerados polos usuarios. Participou en proxectos europeos (1FD97-0047-C04-02), ministeriais (TIC2000-0370-C02) e autonómicos (INCITE08PXIB302179PR; PGIDIT03SIN30501PR; PGIDT99PXI10502B; XUGA10505B96, XUGA10502B94); en accións integradas internacionais (HF2002-0081, HP2001-0044, HF97-223 y HF96- 36); e na red europea ESF Research Networking Programme: Evaluating Information Access Systems (http://elias-network.eu/), unha iniciativa para o deseño de novos protocolos de evaluación de sistemas de RI. Participou en varios contratos coa Xunta de Galicia para a promoción e apoio á investigación no Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades no marco do proxecto "Etiquetador-lematizador para o galego actual", para o desenvolvemento dunha contorna etiquetadora de alto rendemento para o galego e dun corpus etiquetado de galego actual. Tamén executou contratos con empresas nas que se utilizou a súa experiencia en LC y RI para proporcionar unha ventaxe competitiva na xestión automática de repositorios documentais de información legal e económica. No ámbito docente internacional participou no Erasmus+ Capacity Building in Higher Education CLASS: Desenvolvemento dun Máster Interdisciplinar en Lingüística Computacional en universidades de Asia Central. É autor de 2 libros, 5 capítulos de libro, 29 artigos en revistas indexada en JCR, 33 artigos en outras revistas científicas indexadas e 68 ponencias en congresos con revisión por pares e publicación de actas. Mención de Honor do IP&M 2018 Best Paper Award e accésit no Premio SEPLN 2001 para a edición de libros monográficos orixinais. Conta con 4 sexenios de investigación CNEAI e o Complemento á Excelencia Curricular da Xunta de Galicia. Cualificación "A: Investigador excelente" na Evaluación plurianual de grupos, unidades e investigadores do catálogo da Universidade da Coruña realizada pola Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva (ANEP) en 2015 e 2018. Dirixiu tres teses doctorales con Mención Internacional e premio extraordinario. Foi co-chairman dos congresos internacionais LATA 2012 e SEPLN 2022 e participou na organización de AGP'98, TAPD'00, SEPLN'00 e AACL-IJCNLP 2022. Foi editor invitado e revisor de revistas JCR de alto impacto e membro do comité de programa de congresos de recoñecido prestixio.