Liñas de investigación

  • Autonomía, saúde e participación para persoas con enfermidades raras e as súas familias. Mellorar a calidade de vida e a participación nas ocupacións das persoas con enfermidades raras é o obxectivo prioritario desta liña. Inclúese tamén a optimización nos coidados para o asesoramento xenético desde a perspectiva enfermeira. Dra. Thais Pousada García
  • Creatividade, innovación e medida de resultados en produtos e tecnoloxías de apoio. Deseño, elaboración, prototipado e avaliación de resultados de produtos de apoio e recursos tecnolóxicos con materiais de baixo custo e impresoras 3D. Dra. Thais Pousada García
  • Envellecemento activo e participativo. Promoción do envellecemento activo e participativo, as ocupacións e a calidade de vida da poboación maior. Neste sentido, contémplase afondar nas posibilidades ofrecidas polas TIC, a terapia ocupacional e o modelo de atención integral e centrado na persoa. Dra. Laura Nieto Riveiro
  • Infancia, adolescencia, ocupacións e solucións tecnolóxicas. Investigacións vencelladas ao estudo das capacidades, necesidades e retos na vida diaria dos/as nenos/as e adolescentes. Asemade, inclúe accións destinadas ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas para apoiar a vida diaria dos menores e da súa contorna. Dra. Betania Groba González
  • Informática médica. Desenvolvemento de solucións informáticas innovadoras para mellorar a prestación de servicios de saúde, na telemedicina e na intelixencia artificial en saúde. Dr. Javier Pereira Loureiro
  • Saúde participativa. Emprego das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, dispositivos de autocuantificación (wearables) e IoT para a promoción da saúde participativa e o empoderamento da cidadanía. Dr. Javier Pereira Loureiro
  • Saúde, igualdade e diversidade. Promocionar a saúde e a participación en igualdade das persoas, que por diversos factores (xénero, discapacidade, pobreza, entre outros), se atopen nunha situación de vulnerabilidade que repercuta na súa cotidianidade. Dra. Betania Groba González