Short Sea Shipping Decarbonization under the European Green Deal FrameworkFeasibility of Technical Solutions for the Fleet
- Marrero, África
- Alba Martínez López Director
- Marcos Míguez González Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 08 de outubro de 2024
- Teresa J. Leo Mena Presidente/a
- Lucía Santiago Caamaño Secretaria
- Jerónimo Antonio Esteve Pérez Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A Organización Marítima Internacional (IMO) estableceu normas internacionais para o transporte marítimo, pero a súa lentitude en adoptar medidas concretas xerou críticas. Esta falta de celeridade levou á UE a incluír o transporte marítimo no marco do Green Deal. En xullo de 2021, a UE detallou medidas para reducir os gases de efecto invernadoiro (GHG) no transporte marítimo europeo, como a inclusión gradual de emisións no Réxime de Comercio de Dereitos de Emisión da Unión Europea (EU ETS), a limitación da intensidade de GHG, a revisión da Directiva de Tributación Enerxética e o FuelEU maritime. Este marco normativo preséntase como unha oportunidade para facer do Transporte Marítimo de Curta Distancia (TMCD) un modo de transporte sostible. Con todo, o cumprimento dos retos expostos no Green Deal europeo supón que os estudos anteriormente desenvoltos sobre a optimización de frotas e polo tanto sobre a súa competitividade queden en discusión. É por iso polo que este proxecto de tese propón a identificación técnica e operativa da frota de SSS máis adecuada para cumprir cos requisitos do Green Deal europeo mantendo a súa competitividade.