Ecologías de Aprendizaje e Identidad Profesional del profesorado de Educación Secundaria
- Corral Fachal, Laura
- Mercedes González Sanmamed Directora
Universidad de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 22 de julio de 2024
- María del Carmen Fernández Morante Presidente/a
- Carlos Freire Rodríguez Secretario
- Leonor Torres Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
A presente investigación ten como obxectivo identificar como se configuran as Ecoloxías de Aprendizaxe e as Identidades Profesionais dos Docentes de Educación Secundaria na Sociedade do Coñecemento, e tras analizar a relación entre ambos constructos, valorar a súa contribución ao desenvolvemento profesional do docente de Educación Secundaria.A tal fin, levouse a cabo unha investigación baseada cun deseño mixto secuencial-exploratorio. Desenvolveuse unha primeira fase de corte cualitativo, baseado na tradición de investigación de Estudo de Caso mediante a realización de dúas entrevistas a cada un dos cinco docentes participantes. Posteriormente, abordouse unha segunda fase de corte cuantitativo e de carácter descriptivo correlacional, a través da aplicación dun cuestionario a 311 docentes de Educación Secundaria na cidade de A Coruña.Os resultados caracterizan, de forma global, a un profesorado motivado intrinsecamente, cunha identidade profesional definida e unha ecoloxía de aprendizaxe en desenvolvemento. Ademais, desvelan un avance cara á inclusión dos recursos dixitais nos procesos de aprendizaxe e actualización do profesorado, apuntando cara á necesidade de ampliar a formación de carácter formal e non formal ofrecida por institucións como os Centros de Formación e Recursos e as Universidades.