La tutela civil de los derechos de propiedad intelectual en el mercado único digital (entre plataformas e inteligencia artificial)
- Martín Aláez, Francisco Javier
- José Manuel Busto Lago Director
Universidad de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 24 de julio de 2024
- Elena Vicente Domingo Presidente/a
- Fernando Peña López Secretario
- Pascual Martínez Espín Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
A evolución das tecnoloxías dixitais está a permitir o incesante xurdimento de novos tipos de usos para que os consumidores poidan acceder a contidos protexidos por dereitos de autor, o que determina quese produzan desequilibrios entre os dereitos e intereses de ambos –así como entre os dos titulares de dereitos e os das empresas que os facilitan– que reclaman unha adecuada resposta desde a perspectiva xurídica. Neste traballo analízase se o lexislador europeo ofrece unha regulación conveniente para a protección dos dereitos de autor no Mercado Único Dixital e, no seu caso, a reparación dos dereitos desta natureza que fosen vulnerados. Para iso estúdanse e sistematizan as achegas da doutrina e xurisprudencia sobre a materia, ó tempo que se pretende ofrecer unha solución adecuada desde o Dereito de danos ás novas situacións expostas polo art. 17 da Directiva (UE) 2019/790, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de abril de 2019, sobre os dereitos de autor no mercado único dixital, o Regulamento de Servizos Dixitais, o Regulamento deMercados Dixitais e a Proposta de Directiva sobre responsabilidade en materia de IA.