#Yoentrenoencasaanálisis del contenido publicado en Instagram durante el confinamiento por Covid-19

  1. López-López, Claudia
Supervised by:
  1. Cristina López Villar Director

Defence university: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 22 July 2024

Committee:
  1. Teresa Piñeiro Otero Chair
  2. Luis Xabier Martínez Rolán Secretary
  3. Liliana Filipa Vale Costa Committee member

Type: Thesis

Abstract

O uso das redes sociais consolidouse no ámbito da actividade física e o deporte. As organizacións deportivas utilizan estas plataformas como parte das súas ferramentas de marketing e paramanterse conectadas coa súa audiencia. Á súa vez, é cada vez máis habitual utilizar as redes sociais para consultar contido relacionado co fitness, o cal se comparte en comunidades e écreado por influencers da actividade física. Con todo, a pesar do potencial destas ferramentas,que carecen de límites de espazo e de tempo, o seu contido parece reproducir as problemáticas de xénero persistentes no deporte e a comunicación deportiva. A chegada da pandemia de COVID-19 motivou que institucións e persoas creadoras de contido promovesen iniciativas a través das redes sociais para seguir en movemento durante o confinamento, como a creación da etiqueta #Yoentrenoencasa. A aparición desta comunidade supuxo unha oportunidade para ampliar o campo científico enfocado no estudo do contexto físico-deportivo en liña. A partir de dita oportunidade, a presente tese doutoral formulouse baixo o obxectivo de identificar e analizar as características das publicacións compartidas baixo a etiqueta #Yoentrenoencasa en Instagram durante o confinamento por COVID-19,profundando nas representacións da imaxe de mulleres e homes nesta comunidade desde ap erspectiva de xénero. Para iso, realizouse un estudo de métodos mixtos seguindo un deseño secuencial explicativo. A primeira fase consistiu nunha análise de contido cuantitativo de 600publicacións, cuxos resultados guiaron a posterior fase cualitativa, que se desenvolveu a través dunha análise temática. Os resultados mostraron que predominou o contido relacionado coa actividade física con intención de inspirar á audiencia, que foron as publicacións máis populares xunto coas dedicadas a programar exercicio, polo que se concluíu que a etiqueta foi utilizada co propósito co que foi creada, promover a práctica de actividade física en casa durante a corentena. Ademais disto, cabe destacar que tamén tivo un peso importante o contido comercial, os perfís de centros de adestramento foron os que tiveron unha maior presenza nesta comunidade, polo que quedou en evidencia que os centros fitness adaptaron a súa actividade ao mundo dixital e utilizaron Instagram como ferramenta de marketing. Con todo, nesta comunidade apareceron representadas principalmente mulleres brancas, novas e heteronormativas, polo que se conclúe que se reproduciu un canon corporal que non se corresponde á realidade social actual. Así mesmo, atopáronse asociacións significativas en función do sexo representado, deixando en evidencia que o contido tendeu a perpetuar estereotipos de xénero e roles sexistas, concluíndo que Instagram reproduce as problemáticas detectadas pola investigación previa ao redor dos medios tradicionais e a publicidade. Os perfís máis populares da comunidade foron os persoais, especialmente os de mulleres, que tiveron un maior reconto que os de homes. A pesar da oportunidade de cambio que poden ofrecer as redes sociais ao modificar os roles da produción de contido, as mulleres tamén elixiron representarse a través da feminidade tradicional, guiadas, en certos casos, pola auto-obxectivación e poñendo o foco na aparencia. Aínda que esta comunidade non foi transformadora con respecto ás dinámicas de xénero tradicionais no deporte, púidose observar diverso contendido no que rompen cos canons da feminidade heteronormativa e promóvese mensaxes conscientes sobre as cuestións de xénero. Con todo, evidénciase unha falta de representación de diversas masculinidades. Estes achados suxiren a existencia de pequenos espazos que desafían as normas establecidas, pero ao mesmo tempo deixan en evidencia a importancia de seguir traballando nestas problemáticas e promover unha representación máis ampla e equitativa no ámbito deportivo.