Conservation and evolutionary genetics of the butterfly Erebia palarica Chapman, 1905

  1. Torrado-Blanco, Laura
Dirixida por:
  1. Marta Vila Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 16 de xullo de 2024

Tribunal:
  1. Paloma Morán Martínez Presidente/a
  2. Joaquín Baixeras Almela Secretario/a
  3. Jérémy Gauthier Vogal
Departamento:
  1. Bioloxía

Tipo: Tese

Resumo

Esta tese estuda a xenética de poboacións, da conservación e evolutiva da bolboreta Erebia palarica Chapman, 1905, endemismo ibérico restrinxido ás montañas do noroeste peninsular. O proxecto aborda (1) a filoxeografía da especie, integrando análises xenéticas, morfometría e modelado de nicho ecolóxico. Como resultado reconstrúese a súa historia evolutiva, enmarcándoa nas glaciacións do Pleistoceno. Seguidamente, preséntase (2) unha visión do estado de conservación de E. palarica, apoiada en datos xenéticos e de captura marcaxe-recaptura (recollidos en 2021 nunha localidade relativamente illada na Serra do Courel, N.O. España), e na aplicación dos criterios da UICN ao total da distribución. Finalmente, analízase (3) o proceso de especiación de E. palarica e a súa especie irmá, E. meolans (Prunner, 1789), abordando a diferenciación e posibles barreiras reprodutoras entre ambas mediante a análise da súa filoxenia, infección por Wolbachia, cariotipo, tamaño alar e morfoloxía xenital. No seu conxunto, o caso de E. palarica exemplifica a dinámica xenética e as necesidades de conservación das especies endémicas e de montaña, salientando as ameazas ás que se enfrontan as poboacións silvestres de insectos e a importancia de implementar enfoques multidisciplinarios na bioloxía da conservación.