Desarrollo de la Prueba Auditiva de Habla en Ruido en Español (PAHRE)Validación y datos normativos para población con pérdida auditiva

  1. Rodríguez Ferreiro, Marlene
Dirixida por:
  1. Montserrat Durán-Bouza Director
  2. Victoria Marrero Aguiar Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 04 de xullo de 2024

Tribunal:
  1. Rosa Belén Santiago Pardo Presidente/a
  2. Juan-Carlos Brenlla-Blanco Secretario
  3. Jesús Valero García Vogal

Tipo: Tese

Resumo

As persoas con perda auditiva, e incluso algunhas con audiograma normal, a miúdo presentan dificultade para entender a fala en ruído. Esta dificultade pode ser cuantificada como perda da relación sinal-ruído mediante a realización dunha proba auditiva de fala en ruído. Ante a dificultade para valorar esta perda en persoas de fala castelá e, polo tanto, ofrecer expectativas realistas á súa problemática auditiva, o presente estudo tivo como obxectivo o desenvolvemento dunha proba auditiva de fala en ruído en español tomando como modelo a proba QuickSIN. Para isto o estudo contou coa participación de 277 persoas maiores de 18 anos divididas en función da súa idade e estado auditivo. Outras variables obxecto de estudo foron o grao de perda auditiva, o descenso en frecuencias agudas, o xénero, o nivel educativo, o efecto Lombard e o bilingüismo presente en España. O resultado obtido é a Proba Auditiva de Fala en Ruído en Español (Prueba Auditiva de Habla en Ruido en Español, PAHRE), con curvas de referencia en función da idade para poboación normoínte e con perda auditiva. Preséntanse ademais outros factores relacionados coa perda da relación sinal-ruído.