Generating Commonsense Explanations with Answer Set Programming

  1. Muñiz Castro, Brais
Dirixida por:
  1. Pedro Cabalar Director
  2. Gilberto Pérez Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 25 de xuño de 2024

Tribunal:
  1. Thomas Eiter Presidente/a
  2. Concepción Vidal Secretaria
  3. Stefania Costantini Vogal

Tipo: Tese

Resumo

Nesta tese, exploramos a noción de “commonsense explanation” no contexto da Intelixencia Artifcial mediante a extensión do formalismo Answer Set Programming (ASP) con anotacións formais. Con este obxectivo, defnimos o concepto de “support graphs” para obter múltiples explicacións de cada modelo dun programa lóxico, e proporcionamos diferentes operacións para fltrar a información irrelevante de destes grafos. Ditas defnicións son implementadas por unha ferramenta chamada xclingo que adicionalmente permite a especifcación de explicacións “commonsense” en linguaxe natural. xclingo obtén Os “support graphs” empregando un meta-programa ASP, cuxa corrección é demostrada. Estudamos os diferentes exemplos no contexto de ASP tales como planifcación, resolución de problemas ou diagnóstico, entre outros, e analizamos o efecto de diferentes anotacións para o mesmo escenario, ilustrando a necesidade de deseñar as explicacións. Adicionalmente, abordamos a xeración de explicacións non técnicas de modelos de Aprendizaxe Automático con usuarios reais en dous problemas de outras disciplinas (Medicina e Farmacia), cubrindo tanto algoritmos de aprendizaxe simbólico como subsimbólico