Análisis numérico y experimental del rendimiento de dispositivos de oxigenación en instalaciones de acuicultura marina

  1. Jesús Fernando Rodríguez Pallares
Dirixida por:
  1. Jerónimo Puertas Director
  2. Luis Cea Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 23 de abril de 2024

Tribunal:
  1. Luis Pena Mosquera Presidente
  2. Raquel Costas Gómez Secretaria
  3. María Elena Fernández Rodríguez Vogal

Tipo: Tese

Resumo

A oxixenacion xogou sempre un papel moi importante e crucial na acuicultura continental, xa que o oxixeno disolto e disponible para as especies acuicolas en producion, e o parametro que marcara o rendemento de calquera explotacion de acuicultura. Na acuicultura continental, e comun que as masas de auga nas que se crian os peixes e outros organismos acuaticos tenan niveis baixos de oxixeno disolto, especialmente en épocas de altas temperaturas ou cando hai un exceso de materia organica na auga. A falta de oxixeno pode causar estres, enfermidades e mortalidade nos peixes e outros organismos acuaticos. Estes episodios provocaron, provocan e provocaran, accidentes moi custosos as empresas acuicolas, xa que soen suponer a perda de boa parte da sua producion. Asi mesmo, a oxixenacion e un proceso custoso, a par que imprescindible, para calquera instalacion de acuicultura, onde a biomasa presente, supera con moito a que pode soportar o sistema, sen oxixenacion adicional. Por iso, o deseno de sistemas eficientes e con custos operativos o mais baixos posibles, suponen unha busca constante entre os acuicultores. En xeral, a realizacion de modelos que permitan calcular e desenar sistemas de oxixenacion, mediante modelos a escala reais, suponen un nivel de investimento excesivamente elevado, polo que o uso, de modelos matematicos, supuxo un avance moi significativo neste eido, xa que permiten, unha reducion considerable do investimento necesaria, asi como a posibilidade de repetir, cambiar e axustar calquera modelo un maior numero de veces, cun investimento considerablemete inferior a necesaria nos modelos fisicos. Por tanto, esta tesis doutoral centrarase na avaliacion dos rendementos, dos dispositivos de inxeccion de oxixeno (venturis) nos pozos de oxixenacion, utilizados na acuicultura continental, mediante a utilizacion de metodos de analise numerica e experimental. Para iso, realizouse unha campana experimental extensa, mediante ensaios a escala laboratorio, empregando modelos fisicos, que representaban un modelo a escala, dunha instalacion real. Para posteriormente, mediante os datos da campana experimental, validar o modelo numerico CFD, de tal forma que se poida utilizar, co fin, de testar outros desenos de sistemas de oxixenacion, prescindindo do modelo fisico.