Guía de implementaciónImplicación familiar e rendemento académico en educación primaria. A efectividade dun programa para pais e nais

  1. Agustín Godás Otero ed. lit.
  2. Elena Fernández Rey ed. lit.
  3. Cambeiro Lourido, María do Carme
  4. Ceinos Sanz, Cristina
  5. García Álvarez, Jesús
  6. López Castro, Leticia
  7. Malheiro Gutiérrez, Xosé Manuel
  8. Míguez Salina, Gabriela
  9. Núñez García, Jésica
  10. Nogueira Pérez, Miguel Ángel
  11. Sotelino Losada, Alexandre
  12. Varela Portela, Cristina
  13. Vázquez Rodríguez, Ana

Editorial: Universidade de Santiago de Compostela

Ano de publicación: 2021

Tipo: Libro

Resumo

Este caderno pretende servir de apoio para a implementación do programa, no que se busca mellorar a implicación dos pais e nais nunha serie de cuestións que inciden na vida escolar e na educación en xeral dos seus fillos e fillas. Hoxe podemos garantir, de forma científica e obxectiva, que cando os pais e nais se implican na educación dos/das seus/súas fillos/as e cando saben polo que están pasando como persoas, están fortalecéndoos no seu desenvolvemento e no que constitúe a base para acadar calquera meta escolar. Sabemos tamén que, ao implicarnos, axudámoslles a desenvolver hábitos e habilidades, a se organizar para aproveitar o tempo, a aprender de xeito independente, a responsabilizarse do seu propio traballo, a enfrontarse ás dificultades propias da súa idade e da contorna escolar, e o que é máis importante, a compartir experiencias cos seus pais e nais. Isto é o que queremos sinalar e destacar, dialogando e intercambiando ideas e adaptándoas ás necesidades do grupo.