Desigualdades de xénero en tempos de CovidVII Xornada Universitaria Galega en Xénero
- Eva Aguayo Lorenzo coord.
- Ana Neira Pena coord.
- Águeda Gómez Suárez coord.
Editorial: Universidade de Santiago de Compostela
Ano de publicación: 2021
Congreso: Xornada Universitaria Galega en Xénero (7. 2021. Santiago de Compostela)
Tipo: Libro
Resumo
Esta sétima Xornada Universitaria Galega en Xénero constitúe a consolidación dunha iniciativa conxunta das tres universidades galegas, xurdida en 2013, que ten como obxectivo a creación dun punto de encontro para as persoas dedicadas e preocupadas pola perspectiva de xénero na investigación e na docencia universitarias. A USC acolle como anfitrioa esta edición, baixo o lema Desigualdades de xénero en tempos de COVID, e, dadas as circunstancias, por primeira vez en modalidade virtual. Esta edición está financiada con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Ministerio de Igualdad), no marco dos convenios de colaboración da Consellería de Emprego e Igualdade coas universidades galegas. Nesta ocasión, achegámonos aos retos que se formulan nos estudos de xénero e no feminismo na actualidade, centrándonos en visibilizar o impacto da actual crise sanitaria, social e económica nos ámbitos da violencia de xénero e da traxectoria investigadora das mulleres, así como a importancia da aposta por unha docencia universitaria con perspectiva de xénero.