Monografías comarcais galegas?Ao redor do desenvolvemento da Xeografía Rexional clásica en Galiza (anos 1920-1980)
ISSN: 1133-2190
Ano de publicación: 2023
Número: 95
Páxinas: 113-142
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Treballs de la Societat Catalana de Geografia
Resumo
As monografías rexionais constitúen un vehículo de expresión capital da Xeografía desenvolvida sensu lato na primeira metade do século xx. Mediante unhas determinadas convencións estabelecidas pola escola francesa de Xeografía Rexional clásica, foron empregadas en diversos contextos; entre eles, destácase a escola catalá de Xeografía e a súa produción de monografías comarcais, nomeadamente nos anos 1920-1930. O presente artigo elucida se existiu unha xeración correlativa de monografías comarcais en Galiza. Para iso, analiza un corpus de máis de 40 documentos agrupados en tres fases sucesivas, entre as décadas de 1920 e 1980. A pescuda remata por debater estes textos estudados en relación cos canons da monografía rexional francesa e da mono-grafía comarcal catalá