La inclusión del alumnado de etnia gitana a través de la enseñanza del inglés como lengua extranjerauna intervención en el aula de secundaria a través de los enfoques metodológicos Design for Change y Culturally Responsive Teaching
- Meléndez Luces, Jennifer
- Pilar Couto Cantero Director
- Juan José Bueno Aguilar Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 04 de marzo de 2024
- Patricia Arnaiz Castro Presidente/a
- Eduardo Barros-Grela Secretario
- María Elena Gómez Parra Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A educación intercultural desempeña un papel crucial na promoción da inclusión de estudantes pertencentes a culturas étnicas minoritarias. En un instituto do noroeste de España, levouse a cabo e con éxito unha investigación de doutoramento empregando a metodoloxía Design for Change (DFC) e a Metodoloxía Culturally Responsive Teaching (CRT) con fin de incluir na aula de referencia o alumnado xitano mediante o ensino de inglés como lingua estranxeira. Buscase dar resposta a diversos obxectivos como identificar a discriminación, avaliar a inclusión, medir o respecto polas culturas minoritarias, explorar as experiencias dos estudantes procedentes de minorías étnicas, promover o coñecemento da cultura xitana a través da ensinanza do inglés, avaliar a conciencia dos estudantes sobre DFC e CRT e examinar a relación entre a ensinanza da cultura xitana e a redución do absentismo dos estudantes xitanos. Os resultados indican un aumento na motivación e habilidades sociais dos estudantes, así como unha mellora na súa competencia en inglés. Destaca a relevancia de aplicar CRT e DFC, tradicionalmente utilizadas en outras comunidades, para os estudantes xitanos, resaltando o potencial de combinar a ensinanza culturalmente responsable con estratexias innovadoras para crear un entorno educativo inclusivo e equitativo.