Minority children’s perception of raceA child-centered ethnographic approach
- Pamukçu Aykut, Zeynep
- Renée DePalma Director
- Antía Pérez-Caramés Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 04 de marzo de 2024
- Ayça Ergun Özbolat Presidente/a
- Luzia Oca Secretario/a
- Miguel Moniz Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Esta tese de doutoramento analiza a percepción da raza que teñen os/as nenos/as pequenos/as pertencentes a minorías raciais en relación con outros conceptos construídos socialmente, como a etnicidade, a cultura ou a nacionalidade. A construción social e histórica destes conceptos, así como a perspectiva da infancia, son exploradas dende unha perspectiva etnográfica nunha ONG, que incorpora a observación participante, o “doll study”, actividades centradas nos/as nenos/as, así como un grupo de discusión con persoal da ONG. A través da triangulación metodolóxica, o estudo aborda o tema da raza baixo diversos aspectos e en diferentes contextos da vida cotiá dos/as nenos/as pertencentes a minorías raciais. En consecuencia, o estudo suxire que teñen unha forma moi complexa de construír a raza, a etnicidade, a cultura e a nacionalidade en termos de trazos físicos e culturais.