Intenso e solidario feminismoEstudos rosalianos

  1. María Pilar García Negro
  2. Carme Fernández Pérez-Sanjulián ed. lit.
  3. Kathleen March

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-873-9

Ano de publicación: 2023

Tipo: Libro

Resumo

Neste volume recóllese unha antoloxía de estudos rosalianos publicados por M.ª Pilar García Negro ao longo dun amplo período temporal, entre 1980 e 2022, desde os inicios do seu labor investigador e publicístico até a actualidade, xa consolidada como autora de estudos de referencia neste ámbito. Así, de entre o amplo conxunto da súa produción (véxase a bibliografía rosaliana que se presenta a seguir) para este libro seleccionamos quince traballos, dez artigos e cinco capítulos de libro, que consideramos representativos dos núcleos de interese da súa autora mais que, na súa maior parte, resultan de difícil acceso para o público xeral a día de hoxe: nuns casos por seren artigos antigos, publicados no seu día en soportes que poderíamos cualificar de informais ou en libros xa descatalogados; noutros, por estaren incluídos en publicacións de tipo académico, non sempre de acceso aberto e, por tanto, dificilmente accesíbeis para o público xeral.