No pasamento de Juan-Ramón Capella (1939-2024)
ISSN: 0210-8259
Año de publicación: 2024
Número: 231
Tipo: Artículo
Otras publicaciones en: Mientras tanto
Resumen
O mércores 24 de xaneiro á tarde falecía Juan-Ramón Capella Hernández no seu piso da rúa Muntaner, en Barcelona. Os seus amigos e amigas da Facultade de Dereito de A Coruña imaxinámolo dando aos 84 anos, nesa tarde amarga, o seu último golpe de pelota. Porque el era para nós, entre moitas outras cousas, o “pelotari incansable”: así o citábamos, lembrando un dos seus moitos artigos de mientras tanto (n.º 59, outono de 1994), no que con particular acerto expresara a importancia da lucidez crítica e a perserverancia ética na continuación contemporánea da tradición comunista.