Aplicación de procesos de oxidación avanzada en depuración del agua

  1. Aguilar Ramírez, Silvio
Dirigida por:
  1. J. Arturo Santaballa Director
  2. Moisés Canle Codirector
  3. Daniel R. Ramos Codirector

Universidad de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 15 de diciembre de 2023

Tribunal:
  1. Enrique Nebot Sanz Presidente/a
  2. María-Isabel Fernández-Pérez Secretaria
  3. Ana María Bahamonde Santos Vocal
Departamento:
  1. Química

Tipo: Tesis

Teseo: 827808 DIALNET lock_openRUC editor

Resumen

Os procesos de oxidación avanzada (POAs) activados por luz representan unha alternativa real e efectiva para a eliminación de compostos orgánicos e desinfección de augas contaminadas; por iso, nesta investigación de doutoramento estúdanse diversos aspectos dos procesos fotoquímicos de degradación de contaminantes e inactivación de microorganismos. Inicialmente, examinouse a aplicación e eficiencia de varias técnicas de fotoxidación para a eliminación de dous organismos patóxenos presentes en auga de camaroneiras. Posto que moitos produtos de transformación de contaminantes resultan máis tóxicos que os compostos orixinais, tamén se avaliou a toxicidade de dous pesticidas e os seus produtos de degradación mediante indicadores biolóxicos. A fotocatálise heteroxénea solar é, probablemente, o método máis verde e sostible para o tratamento de augas. Con todo, presenta un importante problema: a recuperación do catalizador e a súa perda de eficiencia co uso; por iso, desenvolveuse un novo fotocatalizador homoxéneo que combina semicondutores (óxido de titanio e óxido de zinc) con arxilas, e que permite a súa sinxela reutilización sen unha perda significativa de actividade, polo que se solicitou e concedeu unha patente de invención. Este composite probouse baixo radiación solar e artificial para a degradación de distintos contaminantes orgánicos (fenol, laranxa de metilo, terbumetón e bromuro de Nhexilpiridinio) e a inactivación de bacterias patóxenas (Staphylococcus aureus e Escherichia coli), amosando unha elevada eficacia mesmo en matrices acuosas complexas (auga de río, auga residual e auga de mar).