Efectos de programas de entrenamiento de fuerza isopotenciales, diferenciados según la velocidad de ejecución y la intensidad de la carga sobre la condición física relacionada con la salud de personas mayores

  1. Fraga Germade, Enrique
Dirixida por:
  1. Eliseo Iglesias-Soler Director
  2. Eduardo Carballeira Fernández Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 17 de novembro de 2023

Tribunal:
  1. Alfonso Jiménez Gutiérrez Presidente/a
  2. Manuel Avelino Giráldez García Secretario
  3. Luis María Alegre Durán Vogal
Departamento:
  1. Educación Física e Deportiva

Tipo: Tese

Teseo: 822865 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O progresivo envellecemento da poboación debido ás melloras das condicións de vida e á baixa natalidade teñen como consecuencia a aparición de novos problemas asociados a o envellecemento. Os diferentes programas de exercicio físico, especialmente aqueles encamiñados a mellorar a potencia, veñen demostrando a súa efectividade na mellora da capacidade funcional e na prevención da discapacidade dos adultos maiores. A potencia, é o resultado do produto da forza pola velocidade, e en base á relación inversa entre a forza aplicada e a velocidade de contracción obsérvase unha relación parabólica entre a potencia e a velocidade. Ao mobilizar unha carga óptima se identifica unha vertixe na parábola que se denomina pico de potencia, o cal está asociado a unha velocidade óptima e á súa vez cunha forza óptima. Este perfil parabólico determina que existen puntos iso potenciais que se poden rexistrar mobilizando cargas diferentes e polo tanto a velocidades diferentes con forzas diferentes. Non existe consenso sobre os cambios na funcionalidade e o rendemento muscular en adultos maiores cando adestran con cargas asociadas a potencias relativas ó vértice da parábola potencia-velocidade. É dicir, si adestramentos isopotenciais con diferentes compoñentes de forza ou velocidade afectan á funcionalidade e ó rendemento muscular de xeito diferenciado. O obxectivo de esta tese de doutoramento estivo centrado en explorar os efectos de dous protocolos de adestramento con potencias equiparados executadas, pero con cargas diferenciadas e polo tanto velocidades, sobre a funcionalidade, o rendemento muscular e a composición corporal de unha mostra de adultos maiores fisicamente activos. Tras realizar o estudo, os resultados mostraron que cando a potencia se equipara, a carga non produce efectos diferenciados na mellora da forza muscular, a potencia muscular e o equilibrio dinámico (TUG); non obstante, cando se empregan cargas altas o adestramento da potencia muscular preséntase como unha opción válida para incrementar a resistencia cardiovascular. Os datos observados tras a nosa intervención , indicaron que os programas de adestramento da potencia muscular con cargas prescritas en base a o pico de potencia demostraron son eficaces cando se engaden ao exercicio multicompoñente non supervisado á hora de mellorar a capacidade funcional e o rendemento muscular dos adultos maiores sans fisicamente activos.