Desarrollo de un nuevo modelo geoedafológico sobre la génesis, propiedades y taxonomía de los vertisoles y suelos vérticos de la región pampeana argentina

  1. Bressan, Emiliano Miguel
Dirixida por:
  1. Héctor José María Morrás Director
  2. Marcos Lado Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 27 de setembro de 2023

Tribunal:
  1. Marta Susana Zubillaga Presidente/a
  2. Antonio Paz González Secretario
  3. Tomás d'Aquino Freitas Rosa de Figueiredo Vogal
Departamento:
  1. Física e Ciencias da Terra

Tipo: Tese

Teseo: 823111 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A Pampa Ondulada é unha das subrexións da gran chaira pampeana e a máis importante da mesma en canto á produción agrícola. Os materiais de partda dos solos son sedimentos loéssicos cuaternarios, existindo unha marcada controversia respecto á orixe e composición dos mesmos. Cara ao leste da subrexión os Argiudoles vérticos son dominantes, en tanto no resto no resto da área os Argiudoles típicos son os solos zonais característicos. Segundo algúns autores, o carácter vértico dos Argiudoles débese á neoformación edafoxénica de esmectitas. Pola contra, segundo outros as arxilas esmectiticas serían herdadas, atopándose xa no material parental destes solos. Doutra banda, dado que o material dos Argiudoles típicos presenta tamén expansibilidade elevada, certas propiedades físicas utilizadas na Taxonomía non resultan útiles para discriminar entre os dous subgrupos de Argiudoles desta área. Nela distinguíronse dous niveis de sedimentarios superficiais. O inferior é un sedimento loessico esmectitico, cuberto por un deposito loessico illitico relativamente groso. Os novos estudos realizados puxeron de manifesto a existencia de estrutura diapiricas no sedimento inferior que permanecían ocultas até a actualidade. Por tanto, agora pódese considerar que os Vertisoles tamén foron os solos dominantes nesta rexión posteriormente enterrados por un loess groso. Nos períodos húmidos, as cimas das ladeiras convexas haberíanse erosionado parcialmente, deixando o material esmectítico subxacente máis preto da superficie. En consecuencia, os molisoles actuais sobre a paisaxe desenvolveron propiedades vérticas debido á mestura de materiais e en función da maior ou menor proximidade á paleosuperficie. Por tanto, estes Vertisoles pampeanose Molisoles vérticos poden considerarse polixenéticos e relacionados por diferentes graos dun mesmo proceso de xénese.