Simultaneidad, punto y conciencia en "Ayer", de Juan Emar

  1. Sonia Rico Alonso
Libro:
Nuevas perspectivas literarias y culturales (I CIJIELC)
  1. R. Hernández Arias (ed. lit.)
  2. G. Rivera Rodríguez (ed. lit.)
  3. D. Pérez Álvarez (ed. lit.)

Editorial: Universidade de Vigo

ISBN: 978-84-608-6759-3

Ano de publicación: 2016

Páxinas: 247-256

Tipo: Capítulo de libro

Resumo

No século XX as teorías físico-filosóficas de autores como Henri Bergson (1859-1941) estabeleceron unha dualidade dentro do concepto “tempo”. Dunha parte, o tempo obxectivo é unha magnitude creada polo ser humano para ordenar os feitos da existencia por medio dunha disposición espacial a modo de sucesión. Doutra parte, no tempo subxectivo prevalece a simultaneidade e é así como opera a mente humana, na que os pensamentos se funden e entretecen. Rexe, pois, o concepto de duración e o punto -e non a liña- como unidade de medida. Esta teoría resultou chave para a configuración da vangarda e, de feito, algúns dos escritores que a integran, como o chileno Juan Emar (1893-1964), convertérona en reflexión central dos seus escritos. Así ocorre en "Ayer" (1935), na que se narra o percorrido do eu protagonista coa súa muller pola cidade de San Agustín de Tango ao longo do día de onte. En diversas “etapas” do traxecto o protagonista consegue advertir a verdadeira temporalidade do universo nunha serie de instantes extáticos. O obxectivo deste traballo é demostrar como a obra de Emar entronca directamente coa teoría de vangarda e as teorías contemporáneas sobre o tempo, polo medio de dous mecanismos: facendo desta reflexión materia temática da obra e retorcendo a linguaxe e o molde xenérico da novela para expresar a verdadeira temporalidade da conciencia.