Ten sentido unha lexicografía académica bilingüe?(de lexicografía e Academias)
- Sánchez Palomino, María Dolores
- González González, Manuel
Publisher: Real Academia Galega
ISBN: 978-84-17807-20-7
Year of publication: 2022
Type: Book
Abstract
Discurso lido no acto da súa recepción, pola ilustrísima señora dona María Dolores Sánchez Palomino e resposta do excelentísimo señor don Manuel González González. O solemne acto académico en que foron lidos os dous discursos recolleitos no presente volume celebrouse o 17 de decembro de 2022 no salón de actos da Real Academia Galega. A académica traza no seu discurso unha panorámica da historia das academias das linguas románicas e dos seus dicionarios, dende o pioneiro Vocabolario degli Accademici della Crusca (1612), modelo para os dicionarios homólogos doutros idiomas. Defende tamén na súa intervención a necesidade de que as academias aposten polos repertorios bilingües que cumpren, salientou, unha función comunicativa, social e cultural, ao tempo que participan na conformación e difusión da norma lingüística.