Estudio sobre el uso de tecnología wearable para el análisis del sueño y su impacto en la vida diaria

  1. Concheiro-Moscoso, Patricia
Dirixida por:
  1. Javier Pereira-Loureiro Director
  2. Betania Groba Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 24 de febreiro de 2023

Tribunal:
  1. Jorge Teijeiro Vidal Presidente/a
  2. Marta Pérez de Heredia Torres Secretario/a
  3. Nicola Cellini Vogal
Departamento:
  1. Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas

Tipo: Tese

Teseo: 793135 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O sono é unha ocupación significativa na vida diaria das persoas. Nos últimos anos, o avance dos dispositivos poñibles (wearables) na monitorización do sono, supuxo a necesidade de explorar estas ferramentas por parte da comunidade científica. A presente tese de doutoramento pretende investigar sobre o rendemento e uso de tales dispositivos wearables, especificamente sobre a pulseira Xiaomi Mi Band, como unha posible solución tecnolóxica para o seguimento do sono. Os achados desta tese reflicten que o rendemento da Xiaomi Mi Band, analizado en 45 persoas con e sen trastornos do sono, presentou unha precisión do 78 % e resultados máis positivos no grupo sen alteracións. A combinación deste dispositivo con diferentes instrumentos de avaliación permitiu analizar o estado do sono e factores asociados en persoas maiores e poboación traballadora, obtendo como resultados destacables a influencia significativa do sono no estado de saúde e funcionamento diario das persoas maiores. Esta tese conclúe que o uso de dispositivos wearables, como a pulseira Xiaomi Mi Band, poderían ser unha posible ferramenta tecnolóxica para a monitorización do sono. Estas investigacións supoñen un avance sobre a temática de estudo, sendo necesarios estudos máis exhaustivos sobre uso e a fiabilidade destes dispositivos no seguimento do sono en diversas poboacións.