Deconstruír o erotismo poético desde as nonmonogamias. Estudo e relectura da poesía erótica galega e da súa recepción crítica na primeira década do século XXI

  1. Lema París, Ánxela
Dirixida por:
  1. Carme Fernández Pérez-Sanjulián Director
  2. Marta Segarra Montaner Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 23 de xullo de 2020

Tribunal:
  1. Laura Tato-Fontaíña Presidenta
  2. Helena González Fernández Secretario/a
  3. Brice Chamouleau Vogal
Departamento:
  1. Letras

Tipo: Tese

Resumo

O obxectivo da presente tese foi estudar a influencia do sistema monógamo, en canto concepto ideolóxico, no proceso de lectura da poesía erótica galega contemporánea publicada de 2000 a 2010. A nosa hipótese de partida foi que, malia se anunciar a morte da autoría a comezos do século XX, a recepción da poesía erótica estaba a realizarse en chave biográfica, xa que as voces poéticas semellan sexualizárense segundo o sistema sexo-xénero, a orientación sexual e a orientación relacional (asumida, practicamente na totalidade dos casos, como monógama) da figura autorial. Así, para este propósito analizamos o discurso da crítica para coñecermos con profundidade como se entenden os praceres e os afectos durante o correspondente período; e, ao tempo, traballamos directamente cos poemas para comprobar se a lectura establecida tanto pola crítica como polo público lector é a única posible ou se, pola contra, están a silenciarse unha serie de lecturas-outras canto ás sexualidades se refire. Puidemos constatar, en definitiva, como a partir da deconstrución da ollada lectora e da adopción dunha óptica non-monógama se poden decodificar unha gran cantidade de mensaxes do máis diversas e transgresoras que se están a perder por causa do pensamento hexemónico.