Internal curing of high-performance concrete via waste-based porous materials

  1. Rodríguez Álvaro, Roberto
Dirixida por:
  1. Belén González-Fonteboa Director
  2. Sindy Seara Paz Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 28 de xuño de 2023

Tribunal:
  1. María Martín Morales Presidente/a
  2. Javier Eiras López Secretario
  3. George Wardeh Vogal
Departamento:
  1. Enxeñaría Civil

Tipo: Tese

Teseo: 816396 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Este traballo propón o uso de diferentes materiais porosos procedentes de residuos como reservorios de auga de curado interno no formigón de altas prestación, o cal está fortemente aliñado co obxectivo de promover a circularidade na industria da construción. O curado interno estudiouse en combinación con outras estratexias de redución da retracción coma o uso da cinza voante de carbón como material cementante suplementario de baixa reactividade e o uso dun axente expansivo baseado en magnesio. Como materiais porosos procedentes de residuos, utilizáronse os seguintes: áridos reciclados cerámicos, áridos reciclados mixtos, cinza de fondo de carbón e cinza de fondo de madeira. Tamén se empregou un árido convencional de arxila expandida. Estudáronse as seguintes propiedades sobre as mesturas propostas: traballabilidade, hidratación, fraguado, contido de aire, porosidade, resistencia, estabilidade de volume e durabilidade. O curado interno a través de materiais porosos procedentes de residuos pode mitigar a retracción autóxena sen prexudicar significativamente outras propiedades. Non obstante, os materiais alternativos usados deben ser caracterizados coidadosamente e as dosificacións estudadas en profundidade. Ademais, concluíuse que o curado externo é necesario aínda que se use o curado interno, e detectáronse efectos sinérxicos entre as distintas estratexias de redución da retracción propostas. Polo tanto, este traballo presenta unha solución viable para unha construción máis durable e sostible.