As catedrais de Mondoñedoproposta para unha vía cultural
ISSN: 0213-4357
Ano de publicación: 2020
Número: 34
Páxinas: 211-242
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Estudios mindonienses: Anuario de estudios histórico-teológicos de la diócesis de Mondoñedo-Ferrol
Resumo
A historia da Diocese de Mondoñedo-Ferrol e o seu impacto na configuración do territorio norte da comunidade galega revisten unha especial singularidade, froito da itinerancia das súas sedes, e da relación histórica co mar, ou mellor dito co "mar por medio". Prestaremos atención neste artigo a un concreto espazo temporal de 102 anos, entre 1117 e 1219, que caracteriza tres concellos senlleiros do Bispado: Foz, Ribadeo e Mondoñedo, coincidindo coa celebración do 800 aniversario do pontificado do Bispo Martín I, e do inicio da construción da sede de Valibria. Este artigo presenta unha aproximación ao territorio desde o punto de vista da relación entre Patrimonio e Turismo e aposta pola revalorización do concepto das Catedrais coa creación dunha Vía cultural que conecte os principais fitos do territorio.