La disociación de masasincidencia de la estructura en la forma arquitectónica

  1. Martínez Raído, José Luis
Dirixida por:
  1. Xosé Manuel Casabella López Director
  2. Amparo Casares-Gallego Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 09 de xuño de 2023

Tribunal:
  1. Carlos Labarta Aizpún Presidente/a
  2. Emma López Bahut Secretaria
  3. Débora Domingo Calabuig Vogal
Departamento:
  1. Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición

Tipo: Tese

Teseo: 814279 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Se chamamos masas activas ás masas arquitectónicas con función de carga e masas pasivas ás masas sen función de carga –só de peche–, podemos estudar a relación establecida entre ambas ao longo da historia. Esta idea sinxela é útil para abordar unha análise metódica (ou un método de análise) da incidencia que tivo a estrutura na evolución da forma arquitectónica. Na arquitectura tradicional hai una identificación xeralizada entre a masa activa e a masa pasiva. Podemos falar, pois, dunha arquitectura de masas asociadas. Coa chegada de novos materiais, depois da Revolución Industrial, as posibilidades estruturais cambian. Isto dá lugar á separación entre a masa activa e a masa pasiva, e podemos falar dunha arquitectura de masas disociadas. A disociación entre a masa activa e pasiva permite a aparición dun novo elemento de composición independente, que é a propia estrutura. Porén, non toda a arquitectura moderna é disociada, mantendo a vixencia da asociación en parte da producción arquitectónica. Considerando a relación entre masa activa e pasiva, proponse a clasificación da disociación arquitectónica.