La enseñanza musical en el conservatorio desde la interpretación pianísticaanálisis de la formación artística y del proceso de profesionalización docente

  1. Romero Tabeayo, Isabel
Dirigida por:
  1. Mercedes González Sanmamed Directora

Universidad de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 30 de junio de 2023

Tribunal:
  1. Margarita R. Pino Juste Presidente/a
  2. Felipe Gértrudix Barrio Secretario/a
  3. Oswaldo Lorenzo Quiles Vocal
Departamento:
  1. Pedagogía y Didáctica

Tipo: Tesis

Teseo: 818363 DIALNET lock_openRUC editor

Resumen

O ensino musical nas disciplinas instrumentais semella, actualmente, un coñecemento en revisión motivado polas novas contornas e contextos de aprendizaxe e, así mesmo, unha reconceptualización sobre a profesión docente no campo artístico. Do mesmo xeito, a formación do profesorado confórmase como un ámbito de estudo complexo, onde se pon en cuestión a súa dimensión artística e o modo en que han de entenderse as habilidades pedagóxicas. Consecuentemente, xustifícase a investigación en identidade profesional docente, por posibilitar o acceso aos significados que explican o ensino da interpretación musical a partires da relación entre a experiencia instrumental e o desenvolvemento persoal e biográfico do profesorado. Preténdese, por tanto, comprender o proceso de construción da profesionalización do profesorado da especialidade de piano desde as condicións organizativas da institución onde desenvolve a súa docencia —e no conxunto das prácticas profesionais que alberga— para o coñecemento da súa natureza e o modo en que determinan o seu quefacer profesional. Neste sentido, a presente investigación desenvólvese ao abeiro da perspectiva interpretativa e a partires dun enfoque metodolóxico cualitativo que, a través do estudo de caso, proporciona unha descrición exhaustiva acerca das situacións, os escenarios e as interaccións, sobre as que se conforma a cultura e a identidade profesional docente. Por tanto, procedeuse á selección de dous estudos de caso, pola súa representatividade na docencia e interpretación de piano, así como, á realización de oito entrevistas e unha serie de observacións, que permitiron identificar as principais influencias musicais no desenvolvemento artístico profesional e as súas implicacións na práctica docente; analizar os conceptos e os principios metodolóxicos que definen o ensino instrumental, —a partir da súa vinculación coa literatura do piano— e, finalmente, concretar as necesidades máis significativas da regulación académica institucional en relación ás tendencias que se desenvolven na investigación performativa.