Estudio transversal observacional sobre la utilización de agentes físicos para el tratamiento del dolor en la dismenorrea primaria en estudiantes de la Universidade da Coruña

  1. Naia, Zeltia
Dirixida por:
  1. Alejandro Quintela del Río Director
  2. Olalla Bello Rodríguez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 26 de xuño de 2023

Tribunal:
  1. María del Carmen García Ríos Presidente/a
  2. Alicia Martínez-Rodríguez Secretaria
  3. Helena Fernández Lago Vogal
Departamento:
  1. Matemáticas

Tipo: Tese

Teseo: 814335 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Son escasos os estudos que identifiquen o coñecemento e o uso detallado dos axentes físicos, como modalidades de fisioterapia, en mulleres con dismenorrea primaria. O obxectivo principal desta investigación é identificar este uso, analizalo e determinar como se dosifica habitualmente. Para este fin deseñouse un cuestionario autoadministrado, obtido a partir dun procedemento Delphi e dun estudo piloto, para unha poboación de alumnas ou investigadoras de entre 18 e 25 anos, da Universidade da Coruña. Obtivéronse un total de 216 respostas válidas que cumpriron os criterios de inclusión e exclusión. Os axentes físicos máis coñecidos pola mostra neste estudo foron a calor (99,07 %), as posturas (85,6 %) e a masaxe (79,2 %). O exercicio físico foi o menos coñecido (6 %). As máis utilizadas tamén foron a calor (92,1 %), as posturas (81,9 %) e a masaxe (75,5 %). O seu uso foi descrito principalmente de forma específica, dependendo da dor percibida. A localización anatómica máis común onde se aplicaban axentes físicos foi diferente segundo o tipo de axente, naquelas zonas anatómicas onde adoita ser máis frecuente a percepción da dor menstrual. O estudo aporta principalmente información sobre o coñecemento e dosificación de axentes físicos empregados para reducir a dor en mulleres con dismenorrea primaria.