La personalidad oscura y el sistema político
- Canales Aliende, José Manuel
- Miguel Clemente Director
- Adela Reig-Botella Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 27 de xuño de 2023
- María Lameiras Fernández Presidente/a
- Eduardo Pásaro Secretario
- Manuel Gandoy Crego Vogal
Tipo: Tese
Resumo
O obxecto e o contido esencial desta investigación é o estudo da relación existente entre a Personalidade Escura e o sistema político, feito relevante e cada vez máis destacable na actualidade nas Ciencias Sociais. A personalidade dos integrantes da clase política determina a forma de ser, actuar e características desta e, por tanto, a influencia no sistema político, existindo unha clara correlación entre ambos aspectos. Como se deduce claramente do título desta tese, o seu obxecto e contido pretenden ser unha investigación teórica – práctica sobre a Personalidade Escura e a súa relación co sistema político; aspectos ambos interdependentes. É unha investigación integrada, á súa vez, por dúas partes diferenciadas claramente: unha parte teórica e unha parte práctica complementaria, froito dunha investigación. A parte teórica non deixa de ser, por outro lado, unha aproximación ao tema de estudio, sen pretender obviamente poder esgotar o tema, pois este aínda está moi aberto e con numerosas lagoas. As Neurociencias sen dúbida están aportando e aportarán no futuro novas perspectivas e variables dignas de consideración e explicativas dun fenómeno poliédrico cal é a personalidade humana e no contexto da súa parte escura. A parte empírica contén os resultados dunha enquisa, con respostas desiguales e limitadas, levada a cabo en liña aos membros do Congreso dos Deputados durante os meses de marzo e xuño de 2019, despois analizada, destacándose o análise das respostas recibidas que, aínda que cuantitativamente insuficiente, cualitativamente son unha aproximación á realidade do grupo enquisado.