Tendencias temáticas na narrativa infantil galega actual (2010-2019)
ISSN: 1130-8508
Ano de publicación: 2022
Número: 27
Páxinas: 81-99
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Revista de lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca
Resumo
Realízase, a modo de panorámica histórica, unha análise de álbums e de relatos narrativos escritos orixinariamente en galego durante a década 2010-2019 e dirixidos á infancia. Ofrécese unha clasificación das temáticas máis recorrentes e innovadoras tratadas nese período. Exemplifícase con aquelas obras máis salientables pola súa calidade literaria e plástica, diferenciando álbums narrativos, nos que se conxuga a linguaxe verbal e visual, e relatos e novelas ilustrados. Por último, conclúese que hai temáticas recorrentes, como a recreación dos contos orais, o realismo, a fantasía e o misterio e outras novidosas e innovadoras, como o feminismo, a transexualidade, a menstruación, a morte, a enfermidade, a guerra e o abuso infantil, xunto co humor macabro de tendencia gótica.