Diagnóstico de la creación musical en el aula de educación secundariapercepción técnica y planteamiento pedagógico del profesorado en la Comunidad Autónoma de Galicia
- Rocío Chao-Fernández Director
- Manuel Peralbo Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 22 de maio de 2023
- Graça M. Boal Palheiros Presidente/a
- Francisco César Rosa Napal Secretario
- Roberto Cremades Andreu Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A dinamización de propostas de creación musical no ámbito escolar adquire un valor insubstituíble no desenvolvemento cognitivo, socioafectivo e musical do estudante. Non obstante, a axeitada aplicación do proceso require dunha eficaz planificación e condución por parte do docente, posibilitando un acceso democrático adaptado á bagaxe musical do estudante medio. O obxectivo desta tese radica en establecer un diagnóstico acerca do estado no que se encontra a creación musical na aula de secundaria en Galicia, a través da percepción técnica e a formulación pedagóxica do profesorado de Música. Mediante un enfoque metodolóxico mixto, analízase a competencia dos docentes dende unha tripla aproximación: a preparación percibida en base á formación inicial, a importancia ideal outorgada con respecto aos requirimentos profesionais e o uso asumido na práctica. O profesorado participante manifesta unha deficitaria formación técnica e pedagóxica para a creación, ao tempo que refire unha formulación esporádica e/ou simplificada de propostas xeralmente impulsadas de modo directivo ou imitativo. Os resultados permiten detectar limitacións idiosincráticas da realidade estudada, concluíndo que a procura dun aperturismo metodolóxico precisa dun compromiso afín por parte das administración e do profesorado.