El legado de Alejandro de la Sotacontinuidad, evolución y reinterpretación de las ideas de una Arquitectura

  1. Romero Pérez, Manuel Amable
Dirixida por:
  1. Fernando Agrasar-Quiroga Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 28 de abril de 2023

Tribunal:
  1. Antonio Pizza De Nanno Presidente/a
  2. Luz Paz Agras Secretaria
  3. Daniel Villalobos Alonso Vogal
Departamento:
  1. Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición

Tipo: Tese

Teseo: 805892 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O progreso da arquitectura está baseado na continuidade e evolución duns coñecementos e ideas, duns métodos de traballo e investigación e duns resultados creativos. Este traballo busca afondar neses procesos de investigación e creación para, en base a eles, reflexionar sobre a transmisión da arquitectura como disciplina en continuo desenvolvemento. Para iso, a tese céntrase na “forma de facer” e no ideario de Alejandro de la Sota, e no modo no que estes métodos e principios son recolleitos na obra dos seus máis próximos discípulos. Esta análise apóiase nas entrevistas a dúas estreitas colaboradoras do estudo do mestre, Teresa Couceiro e Alicia Freire, e nas conversacións cunha serie de arquitectos que iniciaron a súa andaina profesional no estudo de De la Sota e desenvolveron unha importante e recoñecida obra arquitectónica, como Juan Navarro Baldeweg, Manuel Galego Jorreto, Víctor López Cotelo, Carlos Ponte e Josep Llinás. A tese estuda a metodoloxía proxectual, o ideario e as investigacións espaciais, formais e materiais nas que se inscribiron os proxectos de De la Sota, para logo incidir na vixencia do seu legado. As diversas obras e textos teóricos destes antigos colaboradores -hoxe recoñecidos mestres da arquitectura contemporánea- permítennos indagar na continuidade e evolución da súa metodoloxía proxectual e das súas investigacións e tamén na súa visión integral da arquitectura. Unha sensibilidade compartida que se fundamenta en principios como a atención ao usuario, á natureza, ao lugar ou á súa profunda comprensión do papel da tecnoloxía, da arte e dos cambios sociais e culturais na evolución da arquitectura. O obxectivo principal desta investigación é o estudo da conformación e transmisión dun ideario arquitectónico que transcendeu a modernidade, servindo de ponte entre o denominado Movemento Moderno e a arquitectura contemporánea.