Pedagogía feminista y educación físicadiseño y análisis de la intervención Deportigualízate

  1. Castro, Marina
Dirixida por:
  1. Cristina López Villar Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de abril de 2023

Tribunal:
  1. Joaquín Piedra Presidente/a
  2. María-José Mosquera-González Secretaria
  3. Paula Silva Vogal
Departamento:
  1. Educación Física e Deportiva

Tipo: Tese

Teseo: 802114 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A pesar de que os contextos educativos consideráronse desde hai décadas axentes fundamentais de transformación a favor de sociedades máis democráticas, a investigación en educación física demostra que é un espazo no que seguen existindo discursos e prácticas que marxinalizan certas identidades e corporalidades, (re)producindo o status quo do xénero. Esta tese doutoral, ten como obxectivo deseñar unha intervención denominada Deportigualízate, a cal pretende desafiar o sexismo a través de contextos físico-deportivos, desde o enfoque da pedagoxía feminista crítica. Ademais, proponse estudar o impacto de Deportigualízate nas persoas participantes, e analizar, así, as posibilidades transformadoras da proposta. Para iso, a investigación enmárcase nun paradigma de investigación feminista, e tanto a xeración como a análise de datos realízase a través de métodos mixtos. Realizouse un Estudo Diagnóstico e dous estudos de caso. O Estudo Diagnóstico, ten por obxectivo explorar os estereotipos de xénero do profesorado de educación física e alumnado de educación secundaria obrigatoria, na provincia da Coruña. No primeiro Estudo de Caso, púxose en práctica a intervención nun grupo de educación secundaria dun instituto público da devandita provincia. O segundo Estudo de Caso, consistiu en poñer en práctica a intervención con estudantes de Ciencias da Actividade Física e o Deporte. Os resultados permiten concluír que Deportigualízate cumpre cos obxectivos propostos, e que a través de técnicas de consulting poderíase adaptar a outros contextos