Efectividad y seguridad de los inhibidores del receptor mineralocorticoide en el tratamiento de la insuficiencia cardiaca: estudio comparativo en vida real
- Pardo Martínez, Patricia
- Eduardo Barge Caballero Director
- María Generosa Crespo Leiro Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 03 de maio de 2023
- Arturo González Quintela Presidente/a
- Miguel Pérez Fontán Secretario
- Marisol Bravo Amaro Vogal
Tipo: Tese
Resumo
INTRODUCIÓN: Espironolactona e eplerenona presentan, segundo as guías de práctica clínica, un mesmo grao de recomendación para o tratamento da insuficiencia cardíaca con fracción de exección reducida (IC-FEr) sintomática, xa que os dous fármacos teñen demostrado de forma consistente unha redución da morbimortalidade destes pacientes. Non obstante, dada a ausencia de estudos comparativos directos, descoñécese se poden existir diferenzas entre eles en canto ó seu beneficio prognóstico. OBXECTIVOS: O obxectivo deste estudo foi avaliar a efectividade de espironolactona e eplerenona en pacientes con IC-FEr nun escenario clínico de vida real. MÉTODOS: Utilizando a regresión de Fine-Gray para riscos competitivos, comparamos os eventos clínicos de 293 pacientes con insuficiencia cardíaca (IC) crónica e fracción de exección <40% tratados con eplerenona con 293 individuos tratados con espironolactona emparellados por puntuación de propensión. Os pacientes do estudo foron seleccionados dunha cohorte prospectiva de 1404 pacientes ambulatorios con IC-FEr valorados dende 2010 ata 2019 nunha única unidade especializada de IC, dos cales 992 recibiron tratamento cun antagonista do receptor mineralocorticoide basalmente. A mediana de seguimento foi de 3,95 anos. RESULTADOS: Non se observaron diferenzas significativas entre pacientes tratados con eplerenona versus espironolactona no tocante ó obxectivo primario combinado de morte cardiovascular ou hospitalización por IC [hazard ratio (HR) 0,95; intervalo de confianza ó 95% (IC 95%) 0,73-1,23; p=0,677]. Non obstante, o uso de eplerenona asociouse a unha menor mortalidade cardiovascular (HR 0,55; IC 95% 0,35-0,85; p=0,008) e a unha menor mortalidade por todas as causas (HR 0,67; IC 95% 0,47-0,95; p=0,027). A incidencia de suspensión do fármaco debido a efectos adversos (HR 0,58; IC 95% 0,40-0,85; p=0,005) e debido a calquera causa (HR 0,70; IC 95% 0,51-0,97; p=0,033) foi menor nos pacientes a tratamento con eplerenona. CONCLUSIÓNS: Neste estudo observacional en vida real de pacientes con IC-FEr, con emparellamento por puntuación de propensión, non observamos unha diferenza significativa entre o tratamento con eplerenona ou espironolactona en canto á incidencia acumulada do evento combinado mortalidade cardiovascular ou ingreso por IC. Non obstante, a eplerenona asociouse a unha menor mortalidade cardiovascular e a unha menor mortalidade por todas as causas en comparación con espironolactona.