Cartas de Galiza
- Devos, Prosper-Henri
- Maria Obdulia Luis Gamallo ed. lit.
Editorial: Laiovento
ISBN: 978-84-8487-615-1
Año de publicación: 2023
Tipo: Libro
Resumen
Esta nova edición e tradución das Cartas de Galiza actualiza e anota as oito crónicas que Prosper-Henri Devos publicou no xornal L’Etoile Belge entre setembro e outubro de 1912, un documento histórico e literario de valor incalculábel. Case perdidas para o lectores e investigadores galegos e portugueses, hoxe é preciso recuperalas como memoria individual dun escritor novo, ávido de novas experiencias, que simpatizou coas xentes máis humildes, e como memoria colectiva dun país. En Cartas de Galiza, o escritor aventúrase nunha busca do eu interior, do espazo alleo e da Historia. Fuxida constante cara ao pasado, evasión permanente do escritor cara ao imaxinario fronte a unha realidade, a da súa propia vida, que o afoga e o mutila, as Cartas atrapan ao escritor belga noutro espazo-tempo á marxe da modernidade e da civilización europea. Cartas de Galiza é unha viaxe obrigada polas principais cidades galegas, pola súa arquitectura e as súas xentes. Na procura de si mesmo, Prosper-Henri Devos atopa unha realidade que o apreixa e o transcende e lígase de amizade cos cenáculos literarios ourensáns, facendo dos escritores galegos un exemplo de cosmopolitismo e de abertura cultural.