Metodología de desarrollo de sistemas de detección y seguimiento de peces mediante tecnología láser y visión artificial con Inteligencia Artificial

  1. Rico, Ángel
Supervised by:
  1. Juan R. Rabuñal Director
  2. Jerónimo Puertas Co-director

Defence university: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 24 February 2023

Committee:
  1. Alberto Jaspe Villanueva Chair
  2. Julián Dorado Secretary
  3. María Bermúdez Pita Committee member
Department:
  1. Computer Science and Information Technologies

Type: Thesis

Teseo: 794714 DIALNET lock_openRUC editor

Abstract

Nesta tese preséntase unha metodoloxía de detección, seguimento e medición de peixes baixo a auga utilizando técnicas de teledetección. Na maioría das aplicacións nas que se precisa a detección do peixe e a medida do seu tamaño, é imprescindible que se atopen no seu hábitat nadando libremente e sen ningún dispositivo eléctrico ou mecánico colocado no propio peixe. Deste xeito non se condiciona o seu comportamento nin se somete a estrés que puidese desencadear situacións non deseadas. As técnicas de teledetección baseadas na luz visible e infrarvermella permiten detecar o peixe sen contacto físico, con todo, é preciso adecualas para o seu correcto funcionamento baixo a auga. Nesta tese preséntase esta metodoloxía utilizando visión artificial e tres aplicacións prácticas con dispositivos de detección baseados en principios físicos diferentes. Tamén se pretende indagar na viabilidade de utilizar dispositivos inicialmente deseñados para funcionar en contornas fora da auga, que poden ser adaptados mediante algoritmos informáticos no seguimento de obxectos baixo a auga e, principalmente, na detección e medición de peixes na súa contorna acuática.