A colección Teatro Galego da editorial Pico Sacro
-
1
Universidade da Coruña
info
- Biscainho-Fernandes, Carlos Caetano (coord.)
Editorial: Peter Lang
ISBN: 9781800797123
Año de publicación: 2022
Páginas: 265-291
Tipo: Capítulo de Libro
Resumen
A colección Teatro Galego da editorial Pico Sacro (1975-1977) representa un fito, tanto na historia do teatro como na da edición na Galiza, xa que foi a primeira especializada na publicación de literatura dramática en lingua galega. Neste traballo analízanse, en primeiro lugar, a xénese e as características deste proxecto editorial, o deseño e o aspecto formal dos libros, así como os criterios utilizados para a selección das obras. Por último, tras achegar información sobre a súa difusión e recepción, avalíase o seu impacto e significado na historia do teatro galego do século XX pois o seu catálogo, aínda que breve, constitúe unha síntese perfecta da escrita dramática que, con vontade de renovación, se estaba a facer na Galiza da década de setenta.