Años meteorológicos típicos y su influencia en la simulación energética de edificios en regiones con microclimasel caso de Galicia

  1. Couce Casanova, Antonio
Dirixida por:
  1. Juan de Dios Rodriguez García Co-director
  2. María Isabel Lamas Galdo Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de outubro de 2022

Tribunal:
  1. Javier Telmo Miranda Presidente/a
  2. Sonia Zaragoza Fernández Secretaria
  3. José Manuel Rebollido Lorenzo Vogal
Departamento:
  1. Enxeñaría Industrial

Tipo: Tese

Teseo: 757857 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Nesta tese estudouse a influencia do tipo de Ano Meteorolóxico Típico (AMT) nos resultados da simulación enerxética de edificios e outras instalacións solares térmicas. O traballo desenvolvido céntrase no sector residencial, e en particular nas vivendas unifamiliares. A rexión de estudo limítase á Comunidade de Galicia, cuxa posición xeográfica e orografía confiren a singularidade da existencia dunha variedade de microclimas. Os datos empregados proceden dos rexistros históricos das estacións meteorolóxicas terrestres (Xunta de Galicia) xestionadas por MeteoGalicia, e de tres bases de datos de satélites meteorolóxicos. Elaboráronse paso a paso os ficheiros climáticos de referencia baseados en Anos Meteorolóxicos Típicos xerados segundo tres dos métodos máis recoñecidos, así como un cuarto método comparativo de referencia. Validáronse os 43 ficheiros climáticos para cada método utilizando os motores de cálculo Energy Plus™, DOE 2.2™ e TRNSYS™ e realizáronse simulacións enerxéticas nunha mostra representativa de vivendas unifamiliares típicas e unha instalación solar térmica para a produción de ACS. Finalmente, realizáronse estudos estatísticos comparativos, así como a representación xeográfica dos resultados.