Análisis estadístico y modelos econométricos de elección discreta con correlación espacial en transporte y economía urbanaaplicación a los modelos de predicción de la localización residencial
- Alfonso Orro Codirector
- Margarita Novales Codirectora
Universidad de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 25 de noviembre de 2022
- Francisco de Asis García Benitez Presidente/a
- M. R. Bugarin Secretario
- Lorena García Alonso Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
Nesta tese proponse un novo modelo de elección discreta entre alternativas de natureza xeográfica, o modelo spatially correlated nested logit (SCNL). Neste tipo de elección espérase un elevado número de alternativas e a presenza de correlación, polo menos espacial, entre elas. A literatura actual sobre modelos de elección discreta considera dous enfoques para este tipo de eleccións, que se analizan nesta tese. O modelo proposto combina ambos enfoques sen engadir parámetros descoñecidos, presenta unha estrutura matemática pechada e é compatible con especificacións mixtas que permiten variacións nos gustos de quen decide. O modelo SCNL formúlase e analízase nesta tese, onde tamén se aplica a un caso real, para modelizar a elección da localización residencial nun contexto urbano, que é un problema clave na planificación do transporte e na economía urbana. Os resultados empíricos co novo modelo melloran significativamente os obtidos cos modelos actuais. Ademais, proponse unha métrica espacial para zonificacións do espazo con diferentes tamaños e formas irregulares, moi común en áreas administrativas das cidades europeas. Os modelos especificados coa métrica espacial proposta obtiveron resultados empíricos significativamente mellores que co resto de métricas espaciais consideradas.