Formación del profesorado tutor de los centros de Educación Secundaria Obligatoria del noroccidente de Asturias
- Díaz Crespo, Ana
- María-Luisa Rodicio-García Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 22 de setembro de 2022
- Luis Martín Sobrado Fernández Presidente/a
- María-Paula Ríos-de Deus Secretaria
- Nuria Manzano-Soto Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A acción titorial é un dos eixes clave da educación e incide directamente na súa calidade. Os titores e titoras de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) teñen a importante función de guiar e acompañar ao alumnado para unha correcta toma de decisións nunha etapa fundamental para o seu desenvolvemento integral como persoas, na que precisan orientación académica, perosal e profesional. A formación que estes/as docentes teñan en materia de acción titorial será determinante para poder ofrecer a ese alumnado unha titoría e unha educación de calidade. Isto, debido á enorme influencia que o ambiente exerce sobre os/as estudantes, cobra unha importancia especial nas zonas rurais. Ante esa idea xorde a necesidade desta investigación, coa que se busca coñecer e analizar como é a formación do profesorado titor do noroccidente de Asturias e se se adecúa ás características propias desa zona rural. Os resultados deixan ver como é necesaria unha adaptación desa formación que teña en conta o ambiente no que os/as docentes van desenvolver o seu labor como titores/as, así como unha reconceptualización da titoría que lle outorgue a ésta o recoñecemento que merece.