Diversidad de microfósiles de vertebrados en la formación tremp (maastrichtiense)aportaciones a la evolución de los ecosistemas terrestres finicretácicos del ne de la península ibérica

  1. Blanco Calvo, Alejandro
Dirixida por:
  1. Josep Maria Marmi Plana Director
  2. Oriol Oms Llobet Co-director
  3. Àngel Galobart Lorente Co-director

Universidade de defensa: Universitat Autònoma de Barcelona

Fecha de defensa: 07 de febreiro de 2017

Tribunal:
  1. Xabier Pereda Suberbiola Presidente/a
  2. José Ignacio Canudo Sanagustín Secretario/a
  3. Adriana López Arbarello Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 455104 DIALNET

Resumo

A presente tese doutoral trata da diversidade dos pequenos e medianos vertebrados nos derradeiros ecosistemas do Cretáceo Superior (Maastrichtiense) representados no rexistro fósil da Formación Tremp (Cataluña, España). Os microfósiles estudados pertencen ós grupos dos condrictios, osteíctios, anfibios, escamados e crocodilomorfos. No concernente ós peixes, os resultados mostran unha baixa diversidade de condrictios, pero unha rica asociación de osteictios que ademais reflexa un bo exemplo da diversificación dos teleósteos durante o final do Cretáceo. Pola outra banda, o rexistro fósil dos cypriniformes e osteoglossiformes son os máis antigos a niveis mundial e europeo respectivamente. Os resultados tamén sinalan unha diversa asociación de anfibios e réptiles escamados, entre os cales os restos de xecónidos son a única evidencia deste grupo no rexistro mesozoico da Península Ibérica e unha das poucas a nivel europeo. O rexistro fósil dos crocodilomorfos está composto maiormente por dentes illados pertencentes a diversos clados de crocodilos notosuquios, neosuquios e eusuquios. Ademais describíronse dúas novas especies do xénero Allodaposuchus a partires de dous esqueletos parciais. Estas dúas especies foron relevantes pra coñece-los restos post-craniais deste grupo extinto de crocodilos, e permitiron propor novas hipóteses sobre a diversidade ecolóxica dos allodaposúquidos, así como da historia evolutiva dos crocodilos actuais. A maiores das contribucións taxonómicas e sistemáticas, os microfósiles de vertebrados estudados permitiron mellora-lo coñecemento da paleoecoloxía dos ambientes acuáticos e continentais do Maastrichtiense ibérico, así coma do orixe e relación bioxeográfica dos vertebrados que compuxeran estas faunas maastrichtienses. Estes novos datos contribúen a reconstruí-los ecosistemas do nordeste ibérico durante o final do Cretáceo e entende-la súa dinámica e evolución ata o momento da extinción masiva do límite Cretáceo-Paleóxeno.