Impacto psicosocial del trabajo a turnos en la calidad de vida laboral
- Fraga Mosquera, Alicia
- Ricardo García Mira Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 28 de xuño de 2022
- José María Peiró Silla Presidente/a
- Marta Rey-García Secretaria
- Bernardo Hernández Ruiz Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A presente investigación ten un dobre obxectivo, (1) estudar a percepción das persoas que traballan a quendas sobre as consecuencias que a organización horaria en que traballan ten para a súa calidade de vida (CV) así como determinar a existencia de potenciais estresores propios do traballo a quendas e (2) confeccionar un instrumento diagnóstico sobre os niveis de estrés en traballadores/as a quendas para aplicar en contexto laboral de cara a pautar intervencións para os mitigar. Optouse por un deseño mixto secuencial exploratorio en que se implementou unha primeira fase na que se realizaron tres grupos focais con persoas que traballan a quendas; os resultados serviron de base para a segunda fase na que se confeccionou unha escala propia para incorporar no cuestionario que se aplicou nunha empresa do sector industrial galego. Os resultados sinalan que as persoas que traballan a quendas perciben o seu ambiente laboral como algo desconectado das súas necesidades e preferencias. A dita percepción pódese cambiar escoitando a súa voz e tendo en conta as súas propostas, como xeito de construír unha aproximación integradora na planificación xeral do traballo e no deseño de ambientes de traballo saudables. Ademais, a construción dun novo instrumento diagnóstico para avaliar o nivel de estrés no traballo permitiu confirmar as dimensións que se propoñían como definitorias da CV no contexto do trabajo a quendas, así como identificar as dimensiones que máis impactan sobre a calidad de vida das personas que traballan na dita estrutura horaria.