Impacto de un programa de educación grupal en adultos con obesidad sobre la composición corporal y la actividad física

  1. Andújar Plata, Paula
Dirixida por:
  1. Diego Bellido Guerrero Co-director
  2. Rocío Villar Taibo Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 22 de xullo de 2022

Tribunal:
  1. Ana Belén Crujeiras Martínez Presidente/a
  2. Alfonso Vidal Casariego Secretario/a
  3. Juan José López Gómez Vogal
Departamento:
  1. Ciencias da Saúde

Tipo: Tese

Teseo: 739413 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

INTRODUCIÓN: A obesidade é una enfermidade crónica de elevada prevalencia, asociada a maior risco de morbimortalidade. Os cambios de estilo de vida constitúen a base do tratamento. OBXECTIVOS: Avaliar o impacto dun programa de educación grupal en adultos con obesidade sobre datos antropométricos, composición corporal (CC) e actividade fisica (AF). MATERIAL E MÉTODOS: Ensaio clínico aleatorio con doentes con obesidade valorados en consultas de Endocrinoloxía. Foron distribuídos de xeito aleatorio a un grupo intervención (GI) cun programa educativo grupal estruturado ou a un grupo control (GC) con seguimento segundo a práctica clínica habitual. RESULTADOS: lncluíronse 437 doentes (81,5% mulleres), sen diferenzas basáis entre grupos. No GI o peso descendeu un 6,5%, mentres que no GC aumentou un 3%. O perímetro da cintura e o IMC descenderon significativamente no GI, onde !amén se observou un maior descenso da masa graxa e graxa visceral, sen redución da masa libre de graxa. A intervención asociouse cunha evolución favorable de índices de CC relacionados ca obesidade sarcopénica. O GI presentou unha tendencia a realizar un nivel de AF superior. CONCLUSIÓNS: O noso programa de educación grupal mostrou resultados positivos en datos antropométricos e de composición corporal, e na realización de actividade fisica.